Xogo multiplataforma de xestión do tráfico aéreo: controla as rutas dos avións e evita as colisións.
Coñecer o proxectoPROXECTOS / DESGA / VIDEOXOGOS
Crossing Space
Xogo zen de voo espacial con gravidade newtoniana para iOS e Android. O noso xogo propio.

O proxecto
Despegas dun planeta en ruínas e buscas un lugar onde comezar de novo. Pilotas unha pequena nave entre soles, mundos xeados e buratos negros, cun pobo enteiro agardando a que atopes onde aterrar.
O voo baséase na inercia e na gravidade: un pouco de motor e o resto, órbitas. Non hai armas: fronte ao perigo, a saída é pilotar. Ten 18 éxodos feitos a man e xógase enteiro sen conexión e sen crear unha conta.
Desenvolvido con Godot, con servidor propio, panel de xestión e web pública. Lanzamento en App Store e Google Play en outubro de 2026.


